Como importar os contidos dunha materia en MooVi para outra?
Podes copiar os contidos dunha materia en MooVi para outra seguindo estes pasos:
- Accede á materia en MooVi na cal queres incorporar os contidos.
- Unha vez dentro, preme na pestana «máis» e selecciona «Reutilizar o curso».
- Na seguinte pantalla, no despregable escolle «Importar».
- Selecciona o curso que desexas importar e preme en «Continuar» (se tes moitos cursos e non aparece na listaxe, podes buscalo no cadro de «Buscar» polo código ou nome).
- A pantalla «Axustes iniciais» amosa o tipo de datos a importar. Preme en «Seguinte».
- No paso «Axustes do esquema» debes deixar marcados os recursos/actividades que desexas importar. IMPORTANTE: desactiva o cadro do «Foro de novas» («Anuncios») para evitar duplicalo. Preme no botón «Seguinte» para continuar co proceso.
- Na pantalla «Confirmación e revisión» amósase un resumo dos elementos a importar. Se todo é correcto preme no botón «Facer a importación».
- Unha vez rematado o proceso, aparecerache unha mensaxe indicando que a importación foi realizada correctamente. Premendo en "Continuar", volves ao curso no que deberías ter importados os contidos seleccionados.
Tes a túa disposición unha guía e un vídeo coa descrición detallada de todo este proceso.