Como podo exportar a listaxe de participantes do meu curso?
Para exportar a listaxe de usuarios/as do teu curso en MooVi, accede á materia e vai á sección "Participantes". Marca o cadro branco superior para seleccionar a todos os usuarios/as ou escolle individualmente os que desexas exportar. Feito isto, na parte inferior, no menú despregable "Cos usuarios seleccionados", elixe "descargar a táboa de datos como" e selecciona o tipo de ficheiro que desexas descargar (csv, xlsx, HTML etc.). A descarga iniciarase automaticamente.