Secretaría Uvigo

Como podo facer un cuestionario con diferentes preguntas aleatorias en CLAROLINE?

  • Queremos que un cuestionario teña preguntas escollidas de xeito aleatorio de entre un conxunto ou banco de preguntas.

Exemplo: faremos un cuestionario de 10 preguntas que serán escollidas de entre un total de 30.

  • O primeiro é crear o cuestionario e engadirlle as preguntas que precisemos. Para o noso exemplo deberán ser 30 preguntas. (Este será o noso banco de preguntas dispoñibles)
  • Cando entremos na configuración do cuestionario seleccionaremos cantas preguntas queremos no cuestionario e marcaremos que as faga aleatorias. Por exemplo 10 de 30.
  • O cuestionario será amosado con 10 preguntas aleatorias.

TEN EN CONTA QUE:
Canto máis amplo sexa o banco de preguntas, menos probabilidades de que as preguntas se repitan.

Atrás