Secretaría Uvigo

Como podo copiar os contidos do Moodle de Faitic a MooVi

Podes copiar os contidos do teu curso no Moodle de Faitic a MooVi seguindo estes pasos:

  1. Accede a Faitic e realiza unha copia de seguridade do teu curso
  2. Descarga esa copia de seguridade ao teu PC
  3. Accede a MooVi, selecciona o teu curso e restaura a copia

Importante: Ao iniciar a restauración, no paso 2, deberás seleccionar a opción "Fusionar a copia de seguridade do curso con este curso".

No caso de seleccionar "Eliminar o contido do curso actual e continuar" tamén se eliminarán as matrículas dos alumnos/as. Estas volveranse a insertar na seguinte sincronización, pero durante unhas horas o curso non terá estudantes.

Na seguinte guía tes unha descrición paso a paso de todo o proceso.

Atrás