Secretaría Uvigo

Como podo comunicarme co estudantado a través de Faitic?

As plataformas de Faitic dispoñen de diversas ferramentas de comunicación asíncrona. Recomendámosche que empregues as seguintes:

Na plataforma Claroline 

  • Anuncios: permite ter un taboleiro de anuncios onde se poderán recordar os vindeiros acontecementos, avisos etc. Dispón dunha opción para enviar ese anuncio por correo electrónico a todas as persoas usuarias. Non obstante, lembrámosche que este correo só se lles enviará aos usuarios e usuarias que accederon á materia na plataforma.
  • Correo+UviGO!: funciona como xestor de correo electrónico, xa que se poden enviar correos a todas as persoas integrantes do curso, a algúns destinatarios e destinatarias ou por grupos. Recordámosche que este correo só se lles enviará ás persoas usuarioas que accederon á materia na plataforma.

Na plataforma Moodle

  • Foro de novas: é un foro de uso exclusivo do profesorado. As mensaxe que se publiquen aí chegan con copia ao correo electrónico do estudantado que accedeu á materia na plataforma.
  • Mensaxes: pódense enviar mensaxes individuais a estudantes concretos.

Recoméndase habilitar o volcado de usuarios/as para que todos as persoas matriculadas, con independencia de se accederon ou non á materia, poidan recibir as mensaxes (podes solicitalo a soporte.faitic@uvigo.es a través dun correo electrónico no que indiques o código da materia).

Para a comunicación síncrona (videoconferencia) recomendámosche o uso doutras ferramentas: https://campusremoto.tv.uvigo.es/campus

Atrás