Como funciona o bloque «Bolsa de recursos»?
Este bloque é moi útil para copiar recursos e actividades entre materias de MooVi de xeito rápido e sinxelo. Os ítems poden recadarse e gardarse dentro da bolsa de recursos, servindo tamén como biblioteca de contidos dos cursos que empregas de xeito frecuente e dispoñibles para dupricarse cando o precises (máis información aquí).
- O primeiro que debes facer é acceder á materia na que tes os contidos que desexas copiar. Unha vez dentro preme en «Activar edición».
- Na parte inferior da esquerda , preme en «Engadir un bloque» e escolle «Sharing Cart» (coa interface en galego) ou «Bolsa de recursos» (coa interface en castelán).
- No menú da dereita aparece un novo bloque e por cada sección, recurso ou actividade aparece unha nova icona con forma de cesta que nos vai permitir copialo ao bloque «Bolsa de recursos». É posible copiar na bolsa os recursos e actividades de xeito individual ou por sección/tema completo.
- A medida que engades contidos a través da icona con forma de cesta, estes aparecerán dentro do bloque «Bolsa de recursos» da dereita.
- Unha vez teñas no bloque os contidos que precisas, xa podes importar noutra materia. Para iso accede ao curso no que desexas incluír eses contidos, activa edición e engade de novo o bloque «Bolsa de recursos». Neste caso o bloque aparece co contido que copiaches do outro curso.
- O único que tes que facer é premer na icona copiar que aparece á dereita de cada ítem que desexas importar do bloque. Cando o fagas verás que ao final de cada sección aparecen uns espazos punteados con frechas que nos permiten incorporar o contido na sección que lle indiquemos.
- Feito isto, o recurso, actividade ou sección estará copiado na materia correspondente, mantendo as características orixinais.
Tes a túa disposición unha guía coa descrición detallada e capturas de todo este proceso.