Como funciona o bloque de «acción masiva»?
O bloque permite ao profesorado realizar accións nos recursos e actividades dunha materia de xeito simultáneo, en vez de ter que realizar accións repetidas en elementos individuais. Este bloque é moi útil e permitirache aforrar tempo, sobre todo cando estás preparando a túa materia, xa que podes realizar de xeito masivo accións que antes tiñas que realizar de xeito individual. Por exemplo, podes, entre outras accións:
- eliminar nun único paso todos os recursos e/ou actividades que desexes;
- duplicar nun único paso as actividades e/ou recursos que desexes, dentro da materia ou noutra distinta;
- amosar ou ocultar nun único paso as actividades e/ou recursos sen ter que ir unha-a-unha.
Tes a túa disposición unha guía coa descrición detallada e capturas de todo este proceso.