Secretaría Uvigo

Como funciona o programa antiplaxio Turnitin integrado en MooVi?

Turnitin emprégase  para detectar o plaxio comparando os traballos subidos polo alumnado cunha ampla base de datos, ofrece un informe de orixinalidade sinalando a porcentaxe de similitude do documento e amosa as fontes orixinais. 

O profesorado pode habilitala de dous xeitos:

  1. como actividade de entrega dos exercicios directamente. Esta opción ten o inconveniente de que non permite cualificar os exercicios, só amosa o informe de similitudes.
  2. integrado nas actividades de Moodle foro, obradoiro e tarefa.

IMPORTANTE: recomendamos empregar a opción da tarefa se ademais do informe queres asignar unha nota, comentario etc....

Para coñecer mellor o seu funcionamento, descarga e consulta a Guía de TURNITIN en MooVi para o profesorado.

Atrás