Secretaría Uvigo

Avisos de tempo límite para enviar un cuestionario e envíos unha vez rematado o tempo.

O sistema avisa ao alumnado do tempo que lle queda para facer un cuestionario con tempo límite?

CLAROLINE
O sistema non avisa, polo que nas probas con tempo límite é recomendable avisar ao alumnado que poña unha alarma e teñan un reloxo preto para contabilizar o tempo.

MOODLE
O sistema mostra un temporizador indicando o tempo restante para finalizar.

Que ocorre cando nun cuestionario con tempo límite, un alumno/a non envía o intento dentro do tempo marcado?

CLAROLINE
Neste caso, o sistema non avisa, e o alumno/a continúa na proba ata que lle dá a "enviar todo e finalizar", pero unha vez enviado a nota, por defecto, vai ser un cero. Despois o profesor/a, pode validar o intento se o estima oportuno.

MOODLE
Si o estudante non fai a entrega antes de remataro o tempo, por defecto o sistema enviará o cuestionario cando remate o tempo ainda que o alumno non o faga.

Onde podo validar o intento dun alumno/a que esgotou o tempo límite e sacou un cero?

CLAROLINE
Desde as estatísticas do cuestionario, hai que premer no nome do alumno/a que pasou o tempo límite, na seguinte pantalla aparece un botón verde para validar que o que vai facer é aceptar o que o alumno/a ten feito nese intento e asignarlle a nota correspondente.

Atrás