Como se dan de alta en MooVi as materias oficiais de grao e máster?
Cada curso académico, créanse de xeito automático as aulas virtuais de todas as materias oficiais de grao e máster, polo que non é necesario realizar ningún trámite.
A partir do curso 2023/24, SIGMA é o novo sistema de xestión académica da UVigo.
IMPORTANTE: os datos que cargamos son os que se obteñen directamente de SIGMA, polo que os datos das materias, grupos, POD e alumnado son os que se sincronizan diariamente con esta aplicación. Cada profesor/a vai ver as materias correspondentes aos grupos nos que imparte docencia.
Ten en conta que as materias se crean ocultas en MooVi, para que o alumnado poida acceder tes que modificar este axuste (máis información aquí: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/show/ocultar-materia-moovi).