Como podo actualizar a miña conta de correo en Moovi?
Para poder asegurar a calidade dos datos xestionados en MooVi non se permite editar os datos persoais directamente en MooVi.
Se queres cambiar o teu enderezo de correo deberalo facer desde o teu perfil da secretaría virtual:
- Accede á secretaría virtual
- Accede a "A miña conta" -> "Datos de contacto".
- A través do + de engadir correo, establece un enderezo de correo por defecto.
- Cando das de alta unha conta de correo, envíase uha mensaxe cunha ligazón para que a verifiques.
- Lembra marcar "por defecto" a conta de correo que queres empregar. A que establezas por defecto será a que se empregue tanto na secretaría virtual coma en MooVi.
Nota: O envío de datos a MooVi non é instantáneo e pode tardar varios minutos.