Asinar actas dixitalmente sen Java

Recentemente os diversos navegadores web deixaron de dar soporte aos applets de Java. Esta tecnoloxía era a que se empregaba ata agora na Universidade de Vigo para asinar as actas dixitalmente.

A primeiros de maio de 2017 realizáronse as actualizacións necesarias para que o PDI poida seguir asinando actas, aínda que para iso faise preciso que instales un programa no teu PC. Só tes que seguir uns sinxelos pasos:

  1. Accede ao portal de software da Universidade de Vigo para descargar o programa e consultar as guías de instalación. No caso de centros adscritos ou pdi externo de máster accede a este directorio de descargas.
  2. Instálao no teu PC. Hai dispoñible versións para Windows, Linux e Mac
  3. Verifica que o programa pode ler os teus certificados dixitais
  4. Realiza unha proba de firma (Secretaría -> Secretaría do PDI -> Portasinaturas -> Probar)

Notas:

  • Para asinar cun certificado almacenado na TUI ou co DNI electrónico é necesario introducir a tarxeta no lector antes de iniciar a sesión do usuario
  • En Windows, o programa de firma só accede a certificados accesibles dende o almacén de Windows, independentemente de que estean almacenados fisicamente nese almacén ou nunha tarxeta intelixente, pero non aos certificados do almacén de Firefox
  • En Linux e MacOS débese instalar cunha conta de usuario (non como root nin con sudo)

Aviso: A versión actual para Linux debería funcionar correctamente en Firefox. Polo de agora está habendo problemas de compatibilidade con outros navegadores.


Máis información:

https://support.mozilla.org/t5/Solucionar-problemas/Por-qu%C3%A9-los-plugins-de-Java-Silverlight-y-Adobe-Acrobat-entre/ta-p/33151

Atrás