Secretaría Uvigo

Problemas de acceso

A forma máis rápida de recuperar os teus datos de acceso é premer na ligazón "Recuperar datos de acceso". Introduce aí o enderezo de correo electrónico asociado á túa conta e enviarémosche un correo coas instrucións para recuperalos. 

Se non lembras o enderezo de correo electrónico que tes asociado á túa conta ou se non é un enderezo válido, poderás identificarte cun certificado dixital ou achegarte á secretaría do teu centro para que, unha vez que te identifiques, che establezan un enderezo de correo ou che actualicen o que xa tes.

Ir á FAQ

A secretaría virtual do PDI permite consultar as listaxes de estudantes, cualificar as actas etc. e forma parte de Xescampus. Poderás acceder de forma automática desde a secretaría virtual .

Ao seren dúas aplicacións diferentes, lembrámosche que ás veces esta conexión automática pode fallar. De ser o caso, sigue as seguintes recomendacións:

1. Agarda un par de segundos e volve intentalo.
2. Comproba que na pantalla de acceso seleccionaches o tipo de documento correcto: NIF/NIE/Outro documento.
3. Se aínda así non logras acceder, envíanos unha incidencia a través da ligazón que está no pé da páxina.

Ir á FAQ

Podes acceder desde https://moovi.uvigo.gal/

O teu nome de usuario/a é o teu documento de identidade normalizado (con letra, pero sen puntos, sen espazos e sen guións) e o enderezo de correo electrónico asociado é aquel co que te matriculaches.

A primeira vez que accedas deberás usar a función "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?" para establecer un contrasinal de acceso á aula virtual. Debes facer a busca polo teu nome de usuario/a, que é o teu documento de identidade normalizado (con letra pero sen espazos, puntos, guións etc.) OU polo teu enderezo de correo-e (o que tes introducido na secretaría virtual) (IMPORTANTE: debe facerse a busca por UN SÓ campo).

Recibirás un correo electrónico coas instrucións para establecer un novo contrasinal de acceso.

Ir á FAQ

Se es estudante e ao intentar acceder á secretaría virtual ou á automatrícula aparéceche a seguinte mensaxe de erro "Restrinxíuse o teu acceso á secretaría virtual por teres liquidacións de prezos públicos sen abonar", deberás poñerte en contacto coa secretaría do teu centro. Aí determinarán se se trata dun erro ou non e, en calquera caso, explicaranche de como solucionalo.

No portal de matrícula atoparás os datos de contacto das secretarías de estudantes de todos os centros da Universidade de Vigo.

Ir á FAQ

Se es PAS dunha área académica, PDI relacionado coa elboración do POD, responsable dun decanato ou unha dirección etc. e precisas acceder a Xescampus, poderás establecer os teus datos de acceso (código de usuario e contrasinal) seguindo estes pasos:

  1. Accede á túa secretaría virtual
  2. No menú da esquerda preme na ligazón "A miña conta"
  3. Na pestana "Acceso a Xescampus" (só dispoñible se tes permiso para acceder a Xescampus) poderás consultar o teu código de usuario e establecer o contrasinal elixido.

 

Ir á FAQ