Expediente
Se obtés a mensaxe de erro:
"Non é posible a consulta de expediente
Actualmente non estás a cursar ningunha titulación na UVIGO ou o teu expediente non está dispoñible nestes intres."
normalmente é debido ao estado no que se atopa o teu expediente académico.
Na secretaría do teu centro pódenche dar máis información e indicacións de como solucionalo.
A forma máis sinxela de consultar o teu expediente académico é que te identifiques na Secretaría Online. Unha vez que accedas disporás dun acceso directo á aplicación "Consulta de datos académicos / Automatrícula" que che permitirá acceder á aplicación na que consultar o teu expediente académico.
A única forma de obter o extracto do teu expediente en formato PDF é instalando un software de impresora virtual que permita convertir calquera documento a PDF. Existen diversos programas gratuítos que podes empregar, por exemplo PDF Creator, CutePDF Writer, Free PDF, etc.
Cando o profesorado introduce as cualificacións nunha acta, estas son aínda provisionais. O profesorado pode realizar a notificación aos móbiles e os estudantes podedes consultar estas notas, antes da revisión do exame, na Secretaría Online.
Estas notas provisionais estarán marcadas cun asterisco (*) ao pé da cualificación e, xa que aínda poden sufrir variacións non forman parte aínda do expediente académico. A cualificación só pasará ao expediente unha vez que o profesor peche a acta, facendo así que as cualificacións sexan definitivas, e a entregue na Secretaría do centro.
Nos estudos de grao hai dúas oportunidades para superar cada materia. Se non superas unha materia na primeira edición (primeiro semestre ou segundo semestre) poderás presentarte a segunda edición (mes de xuño).
Debido a que os suspensos na primeira edición son provisionais, esta información non se reflexa no expediente do estudante ata obter a cualificación definitiva na segunda edición.