O que máis se pregunta
Se non tes un enderezo de correo válido nos teus datos persoais na Universidade de Vigo non poderás realizar operacións como:
- Crear unha conta de usuario na Secretaría online
- Recuperar os datos de acceso á Secretaría online
Neste caso as opcións son que te identifiques empregando un certificado dixital ou que te acercerques á Secretaría do teu Centro para que, unha vez que te identifiques, che establezan un enderezo de correo ou che actualicen o que xa tes.
Unha vez que teñas o teu enderezo de correo cambiado xa poderás crear a túa conta ou recuperar os teus datos de acceso.
O contrasinal de acceso á web de automatrícula (http://matricula.uvigo.es) non se pode cambiar. Se non o lembras podes solicitar que se che envíe ao enderezo de correo que teñas asociado á túa conta.
Debido a isto recomendámosche que accedas a través da Secretaría (http://secretaria.uvigo.gal) dende onde terás acceso directo, sen necesidade de volverte a identificiar, a diversas aplicacións (entre elas a web de automatrícula, na que tamén podes consultar os teus datos académicos).
Para poder recibir a cualificación nunha materia e/ou a data de revisión por SMS deberás ter habilitada específicamente esta opción.
Pódelo facer na túa secretaría virtual:
https://secretaria.uvigo.gal
-> Consulta de datos académicos / Automatrícula
-->Notas por móbil
ou ben solicitándoo na secretaría do teu centro
Toda a información relativa ao recoñecemento de créditos débelo consultar na secretaría do teu centro.
No portal de matrícula tes os datos de contacto de todos os centros da Universidade.