Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Recoñecemento médico para o persoal do CACTI-CINBIO (incluida Torre CACTI) e Anexo Xerencia
Prevención de riscos laborais
07-10-2016 ata: 14-10-2016Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico para o persoal dos seguintes centros:
- CACTI-CINBIO (incluida Torre CACTI)
Prazo para pedir cita: dende o 7 ata o día 14 de outubro.
Onde se pide cita: na conserxaría do CACTI-CINBIO.
- Anexo Xerencia
Prazo para pedir cita: dende o 7 ata o día 14 de outubro.
Onde se pide cita: na conserxaría do Anexo Xerencia.
Lugar para facer a analítica e o recoñecemento médico: Unidade de Vixilancia da Saúde do Campus (ao lado da Biblioteca Central).
Para máis información consultar as instrucións que se atopan nas conserxarías dos respectivos centros.
Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprlformacionesaude@uvigo.es