Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
CAMPAÑA VACINACIÓN ANTIGRIPAL 2016
O Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo en colaboración co Servizo de Prevención Alleo (UNIPRESALUD) organiza a campaña de vacinación antigripal 2016 dirixida a todos/as os empregados/as da Universidade.
- Que é a gripe?
É unha enfermidade infecciosa aguda das vías respiratorias causada por un virus. Entre as súas características máis importantes está a súa elevada capacidade de transmisión dunha persoa a outra.
- Quen debe vacinarse?
A vacinación recoméndase fundamentalmente para as persoas con alto risco de sufrir complicacións en caso de padecer a gripe e para as persoas en contacto con estes grupos de alto risco. Tamén é recomendable en traballadores que prestan servizos comunitarios (bombeiros, policías,…), persoal docente e persoal que traballa con colectividades relativamente grandes.
- Quen non debe ser vacinado?
- As persoas con alerxia ao ovo, con hipersensibilidade ás proteínas do ovo ou que tivesen algunha reacción alérxica severa a unha vacinación anterior con vacina da gripe.
- Se ten unha enfermidade aguda con febre alta debe esperar ata que esta situación remita.
Consultar co servizo médico a súa situación particular antes do día da vacinación: situación de estado de embarazo, se padeceu recentemente ou padece algunha enfermidade importante, se está vostede coas defensas baixas (inmunodeprimido), se ten febre ou infección aguda, se está a tratamento con corticosteroides e/ou anticoagulantes orais, se está sometido a quimioterapia ou radioterapia, se padece algunha alerxia, etc.
- Como teño que facer para vacinarme?
Se está vostede interesado en vacinarse deberá encher o formulario do enlace indicado máis abaixo e envíalo por correo electrónico a smuvunipresalud@unipresalud.com
Dependendo do navegador que utilice, poderá ser necesario que descargue o formulario para poder envialo.
Se alguén ten algunha dificultade para enviar a súa solicitude a través do enlace, pode enviar á dirección de correo electrónico indicada máis arriba os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- DNI
- Teléfono de contacto
- Correo electrónico
- Posto de traballo
- Servizo/Departamento
- Centro de traballo
- Campus
O prazo para solicitar a vacina remata o 7 de outubro de 2016
Unha vez inscrito, poranse en contacto telefónico con vostede dende o Servizo de Prevención Alleo (UNIPRESALUD) para confirmar o lugar, data e hora para a vacinación.