Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resolución convocatoria accion social fondo 2015

Información xeral

28-06-2016 ata: 26-09-2016

Con data de 28 de xuño de 2016, publícase nos taboleiros de anuncios a Resolución Reitoral de 28/06/2016 pola que se resolve a convocatoria correspondente ás axudas de Fondo Social 2015.

 

As persoas participantes, tal e como indica a base novena da convocatoria, poderán consulta o resultado da súa solicitude na Secretaría virtual da Universidade de Vigo (http://seix.uvigo.es), PDF 2014

 

As ditas listaxes con toda a información están a disposición das persoas participantes que así o acrediten no Servizo de Retribucións e Seguros Sociais.

 

Na nómina deste mes de xuño procederase ao ingreso das prestacións de acción social correspondentes á convocatoria 2015.

 

O Real Decreto Lei 16/2013 de 20  de decembro deu unha nova redacción ao artigo 109 da Lei Xeral da Seguridade Social, pasando a computarse na base de cotización unha serie de conceptos retributivos que ata entón estaban excluídos, entre eles atópase a acción social. Por tal motivo, o persoal que no mes de xuño de 2016 perciba remuneración en concepto de acción social, o seu importe estará incluído na base de cotización do citado mes.

 

O Fondo de acción social 2015 repartirase entre 436 solicitantes. O importe total repartido en concepto de axudas do fondo social 2015 ascende á cantidade de 178.806,92 €, repartidos entre as seguintes axudas:

 

  • Axuda 1. Atención a persoas con      discapacidade física psíquica e/ou sensorial ou dependencia: 27.245,82€     
    • A contía máxima grao       discapacidade entre > 33% e o 64% ou dependencia grao I: 500€      
    • A contía máxima grao       discapacidade entre > 65% e o 74% ou dependencia grao II: 1.200€      
    • A contía máxima grao       discapacidade > 75% ou dependencia grao III: 1.500€
  • Axuda 2. Coidado de fillas e      fillos de 0 a 3 anos: 23.537,64€

Coidado de fillas e fillos de 3 a 6 anos: 23.044,38€

    • A contía máxima por filla ou       fillo de 0 a 3 anos: 463€
    • A contía máxima por filla ou       fillo de 3 a 6 anos: 320€
  • Axuda 3. Estudos do persoal,      fillas, fillos e cónxuxe ou parella de feito: 46.212,46€
    • A contía máxima por causante é       de 134€
  • Axuda 4. Tratamentos de saúde      do persoal, cónxuxe ou parella de feito, fillos e fillas: 58.766,62€     
    • A contía máxima por causante é       de 215€
  • Axuda 5. Axudas      extraordinarias: 0€.