Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre

Concursos e Premios

02-06-2016 ata: 04-10-2016

A Oficina de Software Libre [1] do CIXUG [2] presenta o Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre [3] co obxetivo de que o teña presente no caso de que deba tomar unha decisión en canto á liberación do seu traballo, ou o uso dunha ferramenta libre ou privativa.

O prazo de inscrición remata o 2 de outubro.

As condicións principais que debe cumprir o/a interesado/a en participar son as seguintes:
1.- Que sexa realizado cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
2.- Que o software desenvolvido sexa liberado baixo unha licenza libre entre as recoñecidas como tal, pola Free Software Foundation [4] ou a Open Source Initiative [5].
3.-Tamén poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre

Pódense consultar con máis detalle as bases [8] da IX edición, no que hai un primeiro premio de 1.500 €, e un segundo de 750 € patrocinado pola asociación GPUL [9].

Para estar ao día das novidades, tamén pode subscribirse á lista de correo do Premio [9]

De ser preciso resolver algunha dúbida, pode contactar coa Oficina de Software Libre a través dos medios indicados na sinatura desta mensaxe.

Un cordial saúdo.

--
CIXUG - Oficina de Software Libre
osl@cixug.es
--

[1] http://osl.cixug.es/
[2] http://www.cixug.es/
[3] http://mancomun.org/premiopfc
[4] http://amtega.xunta.gal/
[5] http://mancomun.org/
[6] http://www.gnu.org/licenses/license-list.html#SoftwareLicenses
[7] http://www.opensource.org/licenses
[8] http://www.mancomun.org/no_cache/premiopfc/bases/
[9] http://www.gpul.com