Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Últimos días para inscribirse no curso GRATUÍTO de Marketing Dixital de Actívate de Google
Área de Emprego e Emprendemento
21-04-2016 ata: 25-04-2016A Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, organiza xunto con Google, un curso gratuíto de Marketing Dixital Actívate de Google queinclúe contidos sobre fundamentos de tecnoloxía e mundo dixital. Vai dirixido a persoas universitarias e estudantes de grao.
O curso celebrarase do 25 ao 29 de abril na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do campus de Vigo.
Trala superación dos tests diarios e do test final, obterás unha certificación en Marketing Dixital emitida por la IAB Spain.
Aínda podes aproveitar a oportunidade e formarte nunha das profesións do futuro: o Marketing Dixital.
Máis información e rexistro en: CURSO MARKETING DIGITAL
http://design.formacionactivate.es/newsletters-html/invitacion/index_vigo.html