Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria cursos extensión campus de Pontevedra 2016

Información xeral

15-04-2016 ata: 14-07-2016

A vicerreitoría de campus de Pontevedra ven de fazer pública a listaxe de cursos de extensión 2016.

A reserva/inscrición realizará-se online no enlace

https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/

Campus:Pontevedra

Bloque: Cursos de extensión

Unha vez que se acade o número mínimo de reservas establecido para cada curso, as persoas inscritas recibirán unha mensaxe para fazer efetiva a súa reserva a proceder a efetuar o pagamento da inscrición.

Vencido o prazo de reserva sen acadar-se o mínimo establecido o curso cancelará-se automáticamente.

O prazo comezará o vindeiro luns 18 de abril e finalizará o 27 de maio, para todos os cursos agás para o curso Intelixencia emocional en educación-2016/520 que finalizará o vindeiro 29 de abril, dado que está previsto o seu inicio para o día 3 de maio.

Máis información no devandito enlace de culturxest,

na área de servizos á comunidade do campus de Pontevedra

986802024/986801949

 

e na vicerreitoría de campus de Pontevedra, sita na Casa das Campás.