Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Estimados Usuarios do CACTI:
No marco do traslado dos servizos do CACTI ás novas instalacións, queremos informarvos do estado de dispoñibilidade e de previsión de posta en marcha das técnicas analíticas e servizos diversos.
O proceso foi moi complexo como podedes suponer, e agradecemos a todos vós a paciencia ante a demora na dispoñibilidade dos servizos.
A continuación mostramos a listaxe dos servizos co status actual de dispoñibilidade:
- Servizo Determinación Estrutural, Proteómica e Xenómica (Módulo 2)
Todas as Unidades xa dispoñibles
- Taller de mecanizado (Planta -2 Torre CACTI)
Servizo xa dispoñible
- Servizo de Nanotecnoloxía e Análise de Superficies (Módulo 3)
Todas as Unidades xa dispoñibles
- Servizo Microscopía Electrónica (Módulo 4)
Todas as Unidades dispoñibles a partir da semana do 29 de Marzo
Preparación de mostras a consultar
- Taller de Electrónica e Calibración -SATECEL (Planta -2 Torre CACTI)
Servizo Electrónica xa dispoñible
Servizo Calibración (Semana do 4 de Abril)
- Suministros: Nitrógeno Líquido e Auga Pura e Ultra Pura
Nitróxeno Líquido: Xa dispoñible
Auga Pura e Ultra Pura: En reparación
- Servizo de Seguridade Alimentaria (Módulos M5 e M6)
Caracterización de materiais: XRD, Raman UV-VIS, UV-VIS, COULTER (xa dispoñibles), IR (Semana 29 Marzo)
Espectrometría atómica analítica: XRF (xa dispoñible), ICP OES e Absorción Atómica (semana do 4 de Abril)
Preparación de mostras: (semana do 12 de Abril)
Unidade de Análise Elemental: Análise elemental (semana do 29 de Marzo) / IRMS (xa dispoñible)
Espectrometría de masas analítica: ICP-MS, ICP Multicolector (semana do 29 de Marzo)
Análise de nutrientes: (en revisión)
Cromatografía: GCMS (xa dispoñible) , Iónica (semana do 29 de Marzo)
ITRAX: Xa dispoñible
Técnicas Radioquímicas : Xa dispoñible
Unha vez que todos os servizos do CACTI estean completamente operativos, organizarase unha xornada de portas abertas para ensinar a todos os usuarios que estean interesados nas novas instalacións.
NOTA:
Lémbrase aos usuarios do CACTI que para poder cursar calquera solicitude é imprescindible cumprimentar o apartado de "declaración de Riscos" na 2dá páxina da solicitude xeral do Servizo.
Un cordial saúdo,
Irene Alejo
Directora do CACTI
- semana-galega-cud_1280x720 [639.29 Kbytes]
- vicinv@uvigo.gal
- +34 986 813 597