Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Ampliación prazo premios Incuvi-Emprende
Área de Emprego e Emprendemento
18-01-2016 ata: 17-04-2016A Vicerreitoría de Estudantes infórmalle que o día 18 de xaneiro de 2016 publicouse no taboleiro do rexistro xeral do Campus de Vigo a ampliación do prazo da convocatoria dos premios INCUVI-Emprende, co obxecto de promover e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa baseada en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo.
CAMPUS DE OURENSE: 4 premios, consistentes nunha subvención dos custes da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da pre-incubadora situados en Tecnópole.
CAMPUS DE PONTEVEDRA: 2 premios, consistentes nunha subvención dos custes da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da pre-incubadora situados na sede de AJE Pontevedra.
CAMPUS DE VIGO: 6 premios, consistentes nunha subvención dos costes da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da preincubadora INCUVI.
DESTINATARIOS: Alumnado actual e persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2012/13 ou posteriores.
PRAZO: Ata o 3 de febreiro de 2016, no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo dirixido á Directora da Área de Emprego e Emprendemento.
MÁIS INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN: