Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado a través da Área de Formación e Innovación Educativa comunica a xeración dun rexistro de Grupos de Innovación Docente.
Os Grupos de Innovación Docente (GID) son grupos de traballo estables de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, innovación e renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado.
Este tipo de grupos permiten reflexionar sobre a práctica docente e constitúen unmarco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros e ámbitos disciplinares que comparten obxectivos comúns.
Pode consultar máis información na web: http://profesorado.uvigo.es/vicprof_gl/formacion/innovacion/grupos/index.html