Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Área de Formación e Innovación Educativa comunícalle que está aberto o prazo de preinscrición no Curso de inglés académico escrito.
Esta actividade formativa de 30 horas desenvolverase no Campus de Vigo co seguinte calendario:
Proba de nivel: 22 de febreiro ás 10.00 na Facultade de Filoloxía e Tradución
Calendario: 1, 3, 8, 10, 15, 17, 29, 31 de marzo, 5, 7, 12, 14, 19, 21 e 26 de abril.
Horario: de 12.00 a 14.00 horas.
Será preciso acreditar un nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Se non o posúe ou está caducado poderá presentarse á proba de nivel.
Poderá preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/2626