Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
CONVOCATORIA SEXENIOS 2015 - PROFESORADO CONTRATADO POR TEMPO INDEFINIDO
Información ao PDI
07-12-2015 ata: 31-12-2015Por resolución reitoral do 30 de novembro de 2015 da Universidad de Vigo fíxase o procedemento e o prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora para o profesorado contratado por tempo indefinido correspondente ao ano 2015.
O prazo de presentación de solicitudes é do 07 ao 31 de decembro de 2015.
Os criterios específicos aprobados para cada un dos campos de avaliación regúlanse na Resolución de 26 de novembro de 2015, da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (BOE do 30 de novembro de 2015).
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O profesorado contratado por tempo indefinido terá que cumprimentar a solicitude de avaliación de tramos de investigación na aplicación informática da CNEAI (Comisión Nacional Evaluadora da Actividade Investigadora).
O profesorado contratado por tempo indefinido pode empregar o certificado de sinatura electrónica para presentar a súa solicitude na aplicación informática da CNEAI, pero é necesario que presente, antes do 31 de decembro de 2015 e dirixido ao Reitor da Universidade de Vigo, un duplicado da folla da solicitude no Rexistro desta Universidade ou en calquera dos lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. No caso de que estas persoas optasen por presentar a súa solicitude nunha oficina de Correos, farano en sobre aberto para que a solicitude sexa datada e selada polo persoal funcionario de Correos antes de ser certificada.
O profesorado contratado por tempo indefinido que non dispoña de certificado de sinatura electrónica, deberá presentar, antes do 31 de decembro de 2015 e dirixida ao Reitor da Universidade de Vigo, a súa folla da solicitude debidamente asinada e por duplicado no Rexistro desta Universidade ou en calquera dos lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. No caso de que estas persoas optasen por presentar a súa solicitude nunha oficina de Correos, farano en sobre aberto para que a solicitude sexa datada e selada polo persoal funcionario de Correos antes de ser certificada.