Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Concerto de Nadal no Campus de Ourense

Información cultural

03-12-2015 ata: 16-12-2015

Concerto de Nadal no Campus de Ourense

Martes 15 de decembro ás 20 horas na Sala Marie Curie do edificio Politécnico

A BANDA DAS CRECHAS

A asistencia a este concerto será por invitación, que deberá descargarse en https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=702 

autentificándose como membro da comunidade universitaria ou persoa allea á comunidade universitaria e imprimindo o xustificante, que conta cun código de barras e será o documento co que se acceda ao recinto.

O programa permitirá imprimir unha soa invitación por persoa. En calquera caso, poden achegarse ás oficinas do SIOPE ou LERD, na Unidade administrativa, para facilitarlle o procedemento.

Organiza: VICERREITORÍA DO CAMPUS DE OURENSE