Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Bolsas colaboración Departamentos do MECD 2014-2015
Bolsas e axudas
15-07-2014 ata: 15-09-2014Con data do 12 de xullo de 2014, publicouse no BOE a convocatoria de bolsas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios para o curso 2014-15.
A solicitude debe cubrirse e presentarse on line na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a trámites e servizos. Xunta coa solicitude débese achegar en formato pdf un esquema do proxecto de colaboración e a avaliación deste polo departamento correspondente. Asemade, a solicitude poderá presentarse na forma establecida no artigo 38 da Lei 30/1992.
O prazo para solicitar a devandita bolsa abrangue dende o 15 de xullo ao 15 de setembro de 2014 inclusive.
A convocatoria é basicamente igual que en cursos anteriores, salvo unha excepción, referida aos requisitos académicos da nota media esixida:
7,25 puntos para a rama de Enxeñaría
7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
7,80 puntos para as ramas de Ciencias da Saúde
8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades
Asemade, para máis información poden consultar o seguinte enlace da páxina web da Universidade de Vigo http://bolsas.uvigo.es/GestorBecas/user/Becas.do?accion=listAnexos&idBeca=49&
Francisco Javier Maneiro Porto
Xefe do Negociado doutras Bolsas
- bolsas@uvigo.gal
- +34 986 813 611