Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Próximo remate do prazo para pedir cita para recoñecemento médico do persoal do CACTI

Prevención de riscos laborais

08-10-2015 ata: 16-10-2015
Próximo remate do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico para o persoal do CACTI.
Prazo para pedir cita: remata mañá, venres, día 16 de outubro.
Onde se pide cita: na conserxería do CACTI.
Lugar para facer a analítica e o recoñecemento médico: Unidade de Vixilancia da Saúde do Campus (ao lado da Biblioteca Central).
Para máis información consultar as instrucións que se atopan na conserxería do CACTI.
Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprlformacionesaude@uvigo.es