Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PTXAS : Modificación composición do tribunal da praza da escala ATSX-Deportes (proceso selectivo convocado por R. de 22-05-2026)

Información xeral

25-11-2026

Bo día:

Hoxe publícase no taboleiro de anuncios da Sede electrónica, a resolución pola que se modifica a composición do tribunal da praza da escala Auxiliar Técnica de Servizos Xerais, subescala de Deportes, no proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, convocado por R. de 22 de maio de 2026.