Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

XXII Maratón Solidario de Zumba-Pontevedra

Deporte e benestar

26-11-2026 ata: 26-11-2026

Aberto a toda a cidadanía, o XXII Maratón Solidario de Zumba desenvolverase o xoves 26 de novembro no Pavillón Universitario de Pontevedra co obxectivo de contribuír ao labor social que desenvolven desde o comedor dos Pais Franciscanos. Con esa idea, esta iniciativa promovida pola Área de Benestar, Saúde e Deporte e a Vicerreitoría do campus de Pontevedra solicita ás persoas asistentes que acheguen un quilo de alimentos non perecedoiros a modo de inscrición neste evento, que terá lugar entre as 19.00 e as 21.00 horas. Ao longo destas dúas horas, un equipo de monitoras e monitores coordinados por Bruno Hermida encargaranse de facer mover aos e ás participantes ao ritmo das diferentes coreografías, nunha actividade centrada nunha disciplina que combina os exercicios aeróbicos cos pasos de baile.

Aberto a persoas de todas as idades, este maratón busca tamén promover a práctica de actividade física, téndose convertido xa nunha cita fixa no calendario da Área de Benestar, Saúde e Deporte nas semanas previas ao Nadal.