Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Corresponsabilidade para construír unha universidade libre de violencias machistas

Unidade de Igualdade

19-11-2026 ata: 30-11-2026
As violencias machistas son un problema estrutural que nos interpela como sociedade: afectan a quen as sofre directamente, pero tamén á convivencia e á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Por iso, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Universidade de Vigo organiza un programa de actividades aberto á participación de toda a comunidade universitaria.

Este ano queremos poñer o foco na corresponsabilidade como ferramenta imprescindible para previr as violencias, construír relacións baseadas no respecto e fortalecer unha comunidade comprometida cos coidados e a xustiza social.

Convidámosvos a asistir á xornada académica que terá lugar o día 24 de 9:30 h a 13:00 h, de forma presencial no Salón de graos da Faculta de Ciencias Xurídicas e do Traballo ou a través de streaming por UVigo TV, así como á representación teatral programada dentro das actividades institucionais desta conmemoración o mesmo día ás 13:15 h no Teatro Vidal Bolaño.

Podedes consultar o programa completo e a información da campañ seguinte ligazón: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres 2026

Agardamos contar coa vosa participación.