Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Con data de 18 de novembro de 2026 publicouse a Convocatoria de prazas Erasmus+ Estudos KA131 para o curso 2027-28 destinadas ao estudantado de grao e mestrado da Universidade de Vigo.
As bases, a ligazón ao formulario de solicitude e os anexos pódense consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica e no portal de bolsas
O formulario de solicitude estará dispoñible a partir do 19 de de novembro.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza ás 14:00 horas do 10 de decembro de 2026.
Con motivo da publicación desta convocatoria, convócase ao estudantado interesado ás sesións informativas:
- 23/11/2026. 14:00 h - 15:00 h. Campus Ourense. Salón Marie Curie. Edificio politécnico.
- 24/11/2026. 14:00 h - 15:00 h. Campus Pontevedra. Salón de Actos. Facultade de Comunicación.
- 25/11/2026. 14:00 h - 15:00 h. Campus Vigo. Salón de Actos. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Saúdos,