Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Acta co informe de puntuación dos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2026
Concursos e Premios
17-11-2026 ata: 24-11-2026Bo día,
Con data de hoxe, a EIDO publica no taboleiro electrónico da Uvigo, as Actas co informe de puntuacións dos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2025-2026.
A partir de mañán, ábrese un prazo de 5 días hábiles para formular alegacións as puntuacións outorgadas polos tribunais as candidaturas presentadas. Este prazo rematará o día 24 de novembro. A presentación de alegacións farase a través da sede electrónica mediante unha instancia xenérica: https://sede.uvigo.gal/
Resoltas as alegacións elevarase a proposta definitiva de concesión dos Premios Extraordinarios Doturamento á Comisión Permanente da EIDO para a súa ratificación, previo ao envío ao Consello de Goberno para ser aprobada.
Pode consultarse esta información na seguinte ligazón Taboleiro de Anuncios
Atentamente,
- Acta informe puntuacións tribunal ámbito Artes-Humanidades [627.87 Kbytes]
- Acta informe puntuacións tribunal ámbito Ciencias [513.68 Kbytes]
- Acta informe puntuacións tribunal ámbito Enxeñaría-Arquitectura [433.89 Kbytes]
- Acta informe puntuacións tribunal ámbito Xurídico-Social [656.54 Kbytes]
- eido@uvigo.gal
- +34 986 813 442