Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PTXAS: Convocatoria de ampliación de listas de agarda - TEADI Animalario

Información xeral

17-11-2026

Bo día:

Consonte a base 7.3 da convocatoria do proceso selectivo de ampliación da lista de agarda da escala Técnica Especialista de Apoio á Docencia e á Investigación, subescala de Animalario (subgrupo C1), hoxe publícase no taboleiro de anuncios a apertura do prazo para presentar a certificación oficial de capacitación para a "función a", segundo a Orde ECC/566/2015, pola que se establecen os requisitos de capacitación que debe cumprir o persoal que manexe animais utilizados, criados ou subministrados con fines de experimentación e outros fins científicos, incluíndo a docencia.   

Prazo de presentación: do 18 ao 24 de novembro de 2026.