Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Scopus: II Ciclo de formación en liña (novembro de 2026)

Biblioteca

18-11-2026 ata: 27-11-2026

Entre o 23 e o 26 de novembro a FECYT, en colaboración con Elsevier, ten programadas tres sesións de formación do “II Ciclo de Formación Online de Scopus”. As xornadas son gratuítas, en español e a través da plataforma Zoom. Xa está aberta a inscrición para estas sesións, que deberá facerse cunha conta institucional da Universidade de Vigo.

Scopus é unha das bases de datos bibliográficas máis recoñecidas a nivel internacional. Indexa diversos tipos de documentos de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Proporciona métricas de citación e uso dos documentos, polo que é unha das fontes de información empregadas na avaliación da produción científica. 
 
Sesión 1: Scopus desde cero: todo lo que necesitas saber para empezar tus búsquedas (nivel básico).
Luns 23 de novembro
Hora: 11:00 a 13:00 h.
Inscrición
 
Sesión 2: Taller práctico de Scopus con ejercicios en grupo (nivel avanzado).
Mércores 25 de novembro
Hora: 11:00 a 13:00 h.
Inscrición
 
Sesión 3: Preguntas y respuestas para resolver dudas y compartir experiencias de la base de datos de Scopus (nivel medio).
Xoves 26 de novembro
Hora: 11:00 a 13:00 h.
Inscrición
 
Para obter o certificado de FECYT será requisito indispensable responder ao 100% das cuestións expostas pola persoa formadora durante a sesión en directo. Toda a información sobre a convocatoria, inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2026-jornadas-de-noviembre
 
As sesións serán gravadas e, posteriormente, estarán dispoñibles, xunto cos materiais formativos e os documentos complementarios, no apartado Material de formación da páxina web da FECYT.
 
Para calquera dúbida, diríxase a:
 
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo