Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado: Información para participar en proxecto Zero- Asociación Española contra o Cancro

Información voluntariado

16-11-2026

Difusión da mensaxe participar en proxecto Zero- Asociación Española contra o Cancro

Desde a Asociación Española Contra o Cancro queremos animar a participar a mozas e mozos que queiran implicarse na iniciativa Proxecto Zero que busca a construción da primeira xeración libre de tabaco e nicotina.
Proxecto Zero é unha que busca dar voz á mocidade para que lideren propostas e acciones fronte ao consumo de tabaco e produtos con nicotina.

A quen buscamos?
Mozas/os de entre 15 e 21 anos con inquietude social, ganas de participar e achegar ideas, independentemente da súa experiencia previa. Non é necesario presentar ningún proxecto nin ter coñecementos específicos sobre tabaquismo. O máis importante son as ganas de construír conxuntamente solucións para mellorar a saúde da súa xeración.
Próximos encontros
•    30 de novembro ás 17:00 h: encontro online en pequenos grupos para coñecerse, compartir inquietudes e definir liñas de acción.
•    22 de febreiro de 2027: encontro presencial en Madrid para continuar traballando conxuntamente e concretar as próximas iniciativas.
Como poden participar?
As persoas interesadas poden inscribirse até o 19 de novembro a través do seguinte formulario: Inscríbete hasta el 19 de noviembre