Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Reiniciando o sistema. Conversas feministas sobre tecnoloxía e convivencia dixital

Seminarios e conferencias

09-11-2026 ata: 11-11-2026

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo promove a actividade Reiniciando o sistema. Conversas feministas sobre tecnoloxía e convivencia dixital para reflexionar colectivamente sobre os impactos sociais, culturais e políticos da transformación dixital.
Nun momento no que a intelixencia artificial, as plataformas e os sistemas de datos inciden cada vez máis a nosa vida cotiá, resulta necesario abrir espazos de diálogo crítico que permitan analizar a relación entre tecnoloxía, desigualdades e xustiza social.

O primeiro encontro, que leva por título «É posible unha relación feminista coa intelixencia artificial?», terá lugar o día 10 de novembro ás 19:00 h nas Gradas do Edificio Redeiras (Vigo) e tamén en streaming a través da Canle 2 da UVigoTV
A convidada é Margarita Padilla García, programadora informática en Dabne e cofundadora de SinDominio, traballa na promoción da autonomía dixital, o software libre e os usos sociais da tecnoloxía. Investiga o activismo en rede, a cooperación dixital e o impacto social das tecnoloxías. É autora de El kit de la lucha en Internet (2013) e Inteligencia artificial: jugar o romper la baraja (2025).


Unha proposta aberta á comunidade universitaria e á cidadanía interesada en construír unha cultura dixital máis comprometida coa igualdade. Acceso libre ata completar aforo.