Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Aínda quedan APC (Article Procesing Charges) dispoñibles para cubrir os custos de publicación de artigos con cargo aos acordos transformativos que mantén a Universidade de Vigo con varias editoriais:
- Wiley: nas revistas Hybrid OA
- Elsevier
- Cambridge University Press
- Oxford University Press
- Association for Computing Machinery (ACM)
- American Chemical Society (ACS)
- IEEE
Estes acordos permítenlle ao persoal investigador da Universidade de Vigo evitar o pago das taxas de publicación en acceso aberto, para potenciar a visibilidade da produción científica da nosa institución.
Máis información na biblioguía Acordos editoriais para publicar en acceso aberto.
Para resolver calquera dúbida, por favor, diríxanse a:
Biblioteca Central Campus Vigo
Teléfono: 986 813 851
accesoabertoacordos@uvigo.gal