Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

IEEE Xplore Digital Library: Search Strategies to Supercharge Your Research Experience (seminario en liña, 12 de novembro)

Biblioteca

06-11-2026 ata: 13-11-2026

O vindeiro xoves 12 de novembro terá lugar un seminario en liña organizado polo IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers), dirixido ao persoal investigador e estudantado interesado en mellorar as súas estratexias de busca na biblioteca dixital IEEE Xplore.

IEEE Xplore é a plataforma dixital do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers), que proporciona acceso a documentos científicos e técnicos publicados tanto polo IEEE como por outras editoriais, dos ámbitos da enxeñaría eléctrica, da informática e de ciencias relacionadas. Inclúe artigos de investigación, actas de conferencias, normas ténicas, libros e capítulos de libros e cursos educativos en liña. A Universidade de Vigo ten acceso a este recurso por mor da subscrición que xestiona a biblioteca universitaria.

IEEE Xplore Digital Library: Search Strategies to Supercharge Your Research Experience

Data: xoves, 12 de novembro de 2026
Hora: 18:00 h
Duración: 1 hora (45 minutos de presentación e 15 minutos de preguntas e respostas en directo)
Idioma: Inglés

Inscrición

As persoas que estean interesadas e non poidan asistir en directo, poden inscribirse para recibir a gravación cando remate a sesión.

Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo