Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Reiniciando o sistema. Conversas feministas sobre tecnoloxía e sociedade dixital

Seminarios e conferencias

04-11-2026 ata: 13-11-2026

A Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo promove un ciclo de dous conversatorios para reflexionar colectivamente sobre os impactos sociais, culturais e políticos da transformación dixital.
Nun momento no que a intelixencia artificial, as plataformas e os sistemas de datos inciden cada vez máis a nosa vida cotiá, resulta necesario abrir espazos de diálogo crítico que permitan analizar a relación entre tecnoloxía, desigualdades e xustiza social.
Nas Gradas do Edificio Redeiras (Vigo) e tamén en streaming.
10 de novembro, 19:00 h | É posible unha IA feminista? con Margarita Padilla García
12 de novembro, 19:00 h | Sementar futuros con Eurídice Cabañes
Unha proposta aberta á comunidade universitaria e á cidadanía interesada en construír unha cultura dixital máis comprometida coa igualdade. Acceso libre ata completar aforo.