Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo de Formación en liña WoS (10 a 12 de novembro)

Biblioteca

04-11-2026 ata: 13-11-2026

Entre os días 10 e 12 de novembro terán lugar tres novas sesións do II Ciclo de Formación en liña 2026 da base de datos Web of Science, organizadas por FECYT en colaboración con Clarivate. Estas sesións gratuítas, de 60 minutos de duración e impartidas en castelán, están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario.
 
Web of Science é unha base de datos multidisciplinar de referencias bibliográficas e citas procedentes de revistas académicas de todo o mundo. Estas revistas foron seleccionadas por Clarivate seguindo criterios de calidade co fin de proporcionar información fiable á comunidade investigadora. A Universidade de Vigo ten acceso a esta base de datos por mor da subscrición que xestiona a Biblioteca Universitaria.
 
Journal Citation Reports (JCR) ofrece información bibliométrica sobre as 20.000 revistas académicas que forman parte da base de datos Web of Science Core Collection.
 
Para rexistrarse nestas sesións, é imprescindible empregar a conta de correo institucional.
 
Martes, 10 de novembro, de 12:30 a 13:30 h. A importancia da cobertura selectiva e a clasificación estrita de contido (Nivel básico)

  • Como se avalían as revistas da colección principal?
  • Como se clasifican as revistas por índice e categoría?
  • Información dispoñible en Master Journal List
  • Preguntas frecuentes

Inscrición
 
Mércores, 11 de novembro, de 12.30 a 13.30 h. Descubrir Journal Citation Reports (Nivel avanzado)

  • Acceder a JCR coa subscrición da miña institución
  • Descrición xeral do perfil dunha revista
  • Explorar e comparar revistas
  • Gardar favoritos e/ou exportar
  • Recursos dispoñibles

Inscrición
 
Xoves, 12 de novembro, de 12.30 a 13.30 h. Indicadores de impacto en Journal Citation Reports (Nivel avanzado)

  • O factor de impacto da revista (JIF) non é un indicador normalizado
  • O Journal Citation Indicator (JCI) é un indicador normalizado
  • Interpretar os percentís e os cuartís
  • Información sobre a revista en Web of Science

Inscrición
 
Toda a información sobre inscrición, acceso e certificados de asistencia está publicada na páxina da Fecyt: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-de-formacion-online-web-science-julio-diciembre-de-2026-jornadas-de-septiembre
 
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende, Vigo
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo