Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Recordatorio: Sesión en liña: buscas sistemáticas con Cinahl e Medline (EBSCO)(24 de novembro)
Biblioteca
03-11-2026 ata: 25-11-2026Lembrámoslles que o martes 24 de novembro terá lugar a sesión formativa Búsquedas con el apoyo de revisiones sistemáticas en el área de la salud, organizada por Ebsco para a Universidade de Vigo.
Nesta sesión a formadora abordará conceptos básicos da busca de bibliografía médica para apoiar revisións sistemáticas, desde a formulación da pregunta de investigación ata a realización de buscas co modelo PICOT e amosaranos como combinar palabras clave e termos temáticos nas bases de datos CINAHL e Medline a través da interface de EBSCOHost.
Búsquedas con el apoyo de revisiones sistemáticas en el área de la salud
Data: 24 de novembro
Hora: 13:00 h – 14:00 h
Obxectivos:
- Describir os pasos clave para realizar procuras no marco das revisións sistemáticas.
- Planificar unha estratexia de procura adecuada utilizando o marco PICOT.
- Gardar e volver executar procuras.
- Localizar e utilizar filtros de procura metodolóxicos.
- Asistencia adicional para as bases de datos de investigación de EBSCOhost.
Para poder asistir á sesión cómpre rexistrarse co correo electrónico institucional.
Inscrición
Para calquera dúbida, diríxase a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas, Marcosende
36310 VIGO
Tel. 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo