Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

DECLARACIÓNS DE INTERESE MODIFICACIÓN/VERIFICACIÓN TÍTULOS CURSO 2028/2029

Información xeral

30-10-2026 ata: 07-11-2026

Como parte do procedemento para a aprobación da verificación e modificación de titulacións para o curso 2028-2029 indicado no Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2028/2029 (aprobado no Consello de Goberno do 23/07/2026).

Comunícase que está colgada na páxina web para a súa difusión á comunidade universitaria a declaración de interese de modificación do seguinte programa de doutoramento:

  • Programa de Doutoramento en Matemáticas e Aplicacións

 

As declaracións de interese poden consultarse na páxina web:

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions

seleccionando no apartado Información do curso 2028/2029  doutoramento.

Para calquera dúbida, poden dirixirse ao seguinte teléfono e correo electrónico:

Tlf.: 986 130 283

verifica@uvigo.es