Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Literature Online (LION) e Linguistics Collection: sesións formativas de Proquest para a UVigo (novembro 2026)
Biblioteca
31-10-2026 ata: 20-11-2026Os días 10 e 19 de novembro de 2026 terán lugar dúas sesións formativas en liña organizadas por ProQuest para a Universidade de Vigo sobre os seus recursos Literature Online (LION) e Linguistics Collection. Son sesións gratuítas de 60 minutos de duración, impartidas en español por Aina Giones Valls (Clarivate). Están dirixidas a estudantado, persoal investigador e persoal bibliotecario da Universidade de Vigo.
Martes, 10 de novembro, ás 18 h. LION (Literature Online)
LION (Literature Online), é un recurso clave para o estudo da literatura en lingua inglesa. Reúne textos literarios, crítica, obras de referencia e recursos multimedia. Esta sesión vai ser práctica, para explorar autores e autoras e movementos literarios, con ferramentas específicas como a busca de variantes de palabras (Word Variants). Ao finalizar a sesión poderás:
- Identificar os principais tipos de contido dispoñibles en LION.
- Explorar autores, obras e movementos literarios.
- Realizar e refinar buscas para atopar información relevante.
- Utilizar Word Variants para investigar variantes lingüísticas en textos históricos.
Inscrición. É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.
Xoves, 19 de novembro, ás 18 h. Linguistics Collection
Linguistics Collection (LLBA + Linguistics Database) é unha ferramenta esencial para os estudos relacionados coa lingua e a lingüística. Nesta sesión presentarannos contidos especializados en fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e semántica, así como o uso de LLBA e do seu tesauro para construír buscas máis precisas. Ao finalizar a sesión poderás:
- Identificar os principais contidos de Linguistics Collection e LLBA.
- Crear buscas sobre diferentes áreas da lingüística.
- Utilizar o tesauro de LLBA para identificar vocabulario especializado.
- Refinar os resultados para localizar información relevante para a túa investigación.
Inscrición. É imprescindible rexistrarse coa conta de correo institucional.
Para obetr máis información diríxete a:
Biblioteca da Universidade de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende, Vigo
Teléfono 986 813 843
referencia@uvigo.gal
@biblio_uvigo