Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Declaración de interese modificiación/verificación títulos curso 28/29
Información xeral
27-10-2026 ata: 06-11-2026Como parte do procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións para o curso 2028-2029 indicado no Procedemento e calendario para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2028/2029
Comunícase que está colgada na páxina web para difusión á comunidade universitaria as declaracións de interese de novas propostas ou modificacións dos seguintes títulos a maiores das titulacións publicadas no aviso de data 27/10/2026:
Novos Graos
- Grao en Deseño e Arte para Videoxogos
- Grao en Produción de Música e Son para a Industria do Entretemento
- Grao en Psicoloxía
- Grao en Xestión Deportiva
Modificacións substanciais
- Grao en Enfermaría
- Grao en Enxeñaría da Enerxía
- Grao en Fisioterapia
Novos Programas Académicos de Simultaneidade de dobres titulacións
- PS Grao en ADe e Grao en Relacións Internacionais
Pode consultarse no seguinte enlace:
https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions
no apartado ESTUDAR/QUÉ ESTUDAR/IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando TITULACIÓNS DE GRADO dentro do epígrafe “Información do curso 2028/2029
Atentamente,
Servizo de Xestión de Estudos de Grao
e-mail: verifica.grao@uvigo.gal
Tlf: 986812287
- soporte.grao@uvigo.gal
- +34 986 813 607