Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PTXAS : Convocatoria de ingreso en diferentes escalas e subescalas de PTXAS

Información xeral

04-11-2026

Bo día:

Hoxe publícase no DOG o anuncio da publicación no taboleiro electrónico da relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.

Prazo de emenda: do 5 ao 18 de novembro de 2026 a través do procedemento  “SPAS - Reclamacións convocatorias PTXAS", dispoñible na sede electrónica https://sede.uvigo.gal/public/catalog/catalog-index.xhtml