Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

DECLARACIÓNS DE INTERESE MODIFICACIÓN/VERIFICACIÓN TÍTULOS CURSO 2028/2029

Información xeral

27-10-2026 ata: 06-11-2026

Como parte do procedemento para a aprobación da verificación e modificación de titulacións para o curso 2028-2029 indicado no Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, mestrado e doutoramento para o curso 2028/2029 (aprobado no Consello de Goberno do 23/07/2026).

Comunícase que está colgada na páxina web para a súa difusión á comunidade universitaria as declaracións de interese de novas propostas e modificacións dos seguintes títulos de máster universitario:

VERIFICACIÓNS DE MÁSTER

  • Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
  • Máster Universitario en Gender on Digital
  • Máster Universitario en INTERTWINED International Master in Intertwined Humanities and Technology
  • Máster Universitario en Seguridade Global: Océanos e Espazos Estratéxicos

MODIFICACIÓNS SUBSTANCIAIS DE MÁSTER

  • Máster Universitario en Bioloxía Mariña
  • Máster Universitario en Dirección de PEMES
  • Máster Universitario en Economía
  • Máster Universitario en Enxeñaría Industrial
  • Máster Universitario en Internet das Cousas - IoT
  • Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
  • Máster Universitario en Nutrición
  • Máster Universitario en Sistemas Aéreos Non Tripulados
  • Máster Universitario en Traballo Social no Ámbito Sanitario

MODIFICACIÓNS NON SUBSTANCIAIS DE MÁSTER

  • Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
  • Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica 

 

As declaracións de interese poden consultarse na páxina web:

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/implantacion-modificacion-titulacions

seleccionando no apartado Información do curso 2028/2029 a titulación de máster.

Para calquera dúbida, poden dirixirse ao seguinte teléfono e correo electrónico:

Tlf.: 986 130 283

verifica@uvigo.es