Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Universidade Europea ATHENA. Enquisa sobre cooperación educativa da Alianza
Información ao PDI
26-10-2026 ata: 31-10-2026Prezado persoal investigador:
Unha das nosas institucións socias da Universidade Europea Athena, a Universidade Maria Curie-Sklodowska de Polonia, está a realizar un estudo para o que precisa recompilar información entre o persoal docente e investigador das institucións que formamos parte da Alianza.
Así, agradecemos moito a vosa colaboración nestre proxecto que ten como obxectivo analizar a cooperación educativa entre as universidades que forman parte da Alianza ATHENA. Para que os resultados sexan representativos, é importante contar coa perspectiva dos dez países membros da Alianza, incluíndo a experiencia e visión da comunidade universitaria da UVigo.
Por este motivo, convidámosvos a participar na seguinte enquisa dirixida ao persoal docente e investigador:
Enquisa para persoal docente e investigador (PDI):
https://www.umcs.pl/en/news,24682,athena-educational-cooperation-survey-for-academic-teachers,185469.chtm
A enquisa permanecerá aberta ata o 31 de outubro de 2026. Unha vez finalizada a recollida de respostas, elaborarase un informe cos resultados, que serán compartidos coas institucións que integran ATHENA.
A vosa participación é fundamental para garantir que a realidade e experiencia da Universidade de Vigo estean adecuadamente representadas neste estudo conxunto.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Un saúdo,