Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
A Aneca establece como requisito que as achegas ordinarias que se presenten na solicitude de sexenio teñen que estar depositadas nun repositorio de acceso aberto.
Desde a Área de Repositorio Institucional da Biblioteca, solicitámoslles a todas as persoas que se van presentar á próxima convocatoria e que teñan que depositar as súas publicacións no repositorio Investigo que as suban o antes posible e, unha vez subidas todas, nos envíen un correo electrónico comunicándonolo a investigo@uvigo.gal, de xeito que poidamos xestionar estes envíos de forma prioritaria.
Na biblioguía Sexenios CNEAI, no apartado Repositorio e Sexenios, poden atopar unha información máis completa sobre o procedemento a seguir.
Área de Repositorio Institucional
Universidade de Vigo
Biblioteca Central
Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
986 813 821
investigo@uvigo.gal